Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación do servicio de mantemento e reparación do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, convocada por concurso aberto anunciado no Diario Oficial de Galicia nº 232, do 30 de novembro de 1998.

Adxudicatario: Eulen.

Importe: 24.252.252 pesetas (145.759 euros), IVE incluído.

-Contratación do servicio de vixilancia dos edificios nos que están situadas as delegacións provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra así como na Casa da Parra de Santiago en Compostela de Compostela, convocada por concurso aberto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 245, do 21 de decembro de 1998.

Adxudicatario: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Importe: 27.568.583 pesetas (165.691 euros), IVE incluído.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública