Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.057

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das resolucións provisionais dos concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados por Orde do 6 de novembro de 1998.

A base décimo sexta da Orde do 6 de novembro de 1998, pola que se convocan concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, establece que, unha vez recibidas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as actas das comisións dictaminadoras, coas puntuacións asignadas ós concursantes, se procederá, conforme as peticións e os méritos dos participantes, á adxudicación dos destinos provisionais dos concursos de traslados. Realizada a baremación e identificados os destinos provisionais, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 28 de abril de 1999, as resolucións provisionais dos concursos de traslados de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segundo.-Contra estas resolucións provisionais poderá presentarse reclamación e renuncia no período comprendido entre o 30 de abril e o 5 de maio, ámbolos dous inclusive.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal