Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de diverso material funxible, mediante procedemento aberto. (Expediente 33/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: subministración sucesiva de diverso material funxible (aquapack con adaptador, anteollos de osíxeno, máscara de osíxeno).

Orzamento estimado: 9.660.000 ptas. (nove millóns seiscentas sesenta mil ptas.) IVE incluído. 58.057,77 euros (cincuenta e oito mil cincuenta e sete euros con setenta e sete céntimos de euro) IVE incluído.

Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: un ano desde o 1 de xuño de 1999 o desde a data da sinatura do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no punto 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

Criterios de adxudicación: atribuirase ás ofertas unha puntación ata o máximo do que se especifica para cada un dos seguintes parámetros:

-Oferta económica: 50%.

-Calidade dos materiais: 30%.

-Servicio técnico da subministración: 20%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela