Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución da concesión de servicio público regular permanente
de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:
* V-0366; XG-017, Chantada-Os Peares, da titularidade de Olga Ledo García.
Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Edf. Adtivos.-Ronda da Muralla, 70), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes