Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0462; XG-029, entre Sarria e Becerreá, con anexos, por substitución da concesión: V-0462; XG-029, entre Becerreá e Sarria, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 11 de febreiro de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Aníbal Piñeiro López, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0462; XG-029, entre Sarria e Becerreá, con anexos, por substitución da concesión: V-0462; XG-029, entre Becerreá e Sarria, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Sarria, Montes, Corbelle, Reboleira, Gandarón, Galegos, Cedrón, Vilaesteva, Vilouta, Eixibrón e Becerreá.

* Montes, San Xulián, Lezoce, Mañán, Veiga, Céltigos e Xunqueira.

* Gandarón, Armea de Arriba, Souto, Touville, Mourillón, Reboleira, Río, encrucillada de Vilouzán, Santaia de Lagos, Seoane e Asfarrapa.

* Encrucillada de Vilouzán e Vilouzán.

II. Expedicións e calendario.

Sarria-Becerreá (29 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Sarria-Xunqueira (10 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Asfarrapa-Vilouzán-Sarria (34 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,71 pesetas.

* Tarifa usuario: 10,39 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,4565 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes