Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 133.8º, en relación co 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e en cumprimento da resolución da Alacaldía do 16 de abril de 1999, faise público que a Xunta de Compensación do polígono urbanístico comprendido entre a rúa Buenos Aires e a Praza de España prestou aprobación incial, en asemblea xeral do día 12 de abril de 1999, ó proxecto de compensación para o dito polígono.

Este expediente queda sometido á información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, podendo as persoas interesadas examinalo nas oficinas municipais en horario de atención ó público e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

Do mesmo xeito e en cumprimento do disposto no artigo 154, en relación co 134 da Lei do solo de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía do 16 de abril de 1999 quedou incoado expediente para a ocupación do predio número 4 da rúa Buenos Aires, propiedade dos herdeiros de Benito Basanta a favor da Xunta de Compensación do referido polígono urbanístico. O dito expediente queda sometido a información pública para efectos de exame e reclamacións durante o prazo dun mes.

Ribadeo, 16 de abril de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde