Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía do 13 de abril de 1999 se prestou aprobación inicial ó Plan Especial de Infraestructuras para o desenvolvemento do sistema xeral: aparcamento ó aire libre entre as rúas San Lázaro, Ramón González, Avda. de Galicia e rúa de nova apertura.

O referido plan especial queda sometido a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, durante o que as persoas interesadas poderán examina-lo expediente na secretaría municipal en horario de atención ó público e presentar, se é o caso, as alegacións que coiden oportunas.

Ribadeo, 13 de abril de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde