Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra fase III do proxecto de reestructuración e ampliación de edificio para destinalo a gardería infantil.

b) Lugar de execución: lugar de Ulloa, s/n, Sigüeiro-Oroso.

c) Prazo de execución: a obra deberá estar rematada antes do 1 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso conforme o prego-tipo de cláusulas administrativas aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do día 13 de marzo de 1996.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 12.202.371 ptas (IVE incluído).

5. Pagamento: farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria nº 4.61 e unha vez recibida da Administración autonómica a subvención outorgada para tal fin.

6. Revisión de prezos: non procede, atendendo á natureza e ó reducido prazo de execución, de conformidade co disposto no artigo 104 da Lei 13/1995.

7. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oroso (Secretaría).

b) Domicilio: Praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: 15884, Sigüeiro-Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78/69 16 80. Telefax: 981 69 17 86.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó do remate de presentación de propostas.

9. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario de 9 ás 14 horas.

11. Apertura das ofertas: terá lugar o segundo día hábil posterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás trece horas.

12. Modelo de proposición e de sobre: os sinalados no prego de condicións.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Oroso, 29 de marzo de 1999.

Eugenio Neira García

Alcalde