Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación de estatutos da Red de Expendedores de Tabacos y Timbres del Estado, Asociación Profesional Provincial Autónoma de Pontevedra por Asociación Profesional de Expendedores de Tabacos y Timbres de la Provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados os novos estatutos da Asociación Profesional de Expendedores de Tabacos y Timbres de la Provincia de Pontevedra, que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: expendedores de tabacos e timbres.

Asinan a acta de constitución: Joaquín E. Fernández Caeiro e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 9 de abril de 1999.

Antonio Coello Buffil

Delegado provincial de Pontevedra