Orzamento da subministración: 5.500.000 pesetas, IVE incluído.
Prazo de execución: tres meses, desde a sinatura do contrato. O lugar de entrega será o Monte Mondigo (Ribadeo).
Fianza provisional: 110.000 pesetas.
Forma de tramitación: urxente.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas dirección provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 7.1.1 do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 7.1.2 do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.1.3 do prego de cláusulas administrativas.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 43 14.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.
P.D. (Orde do 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo