Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999 pola que se publica o orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para 1999.

Aprobado polo Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela o orzamento da universidade para o ano 1999,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 75 dos estatutos da universidade, resolve publica-lo acordo do Concello Social, así como as súas bases de execución.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 1999

En virtude do disposto no artigo 54 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e no artigo 152 dos estatutos da universidade, pola presente norma apróbanse os orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 1999, que acadan a contía inicial en ingresos e gastos de vintecatro mil oitocentos cincuenta e seis millóns cincuenta e seis mil pesetas.

2.1. Clasificación económica.

-Ingresos: 24.856.056.000

Capítulo III.-Prezos públicos e outros ingresos: 4.036.373.000.

Capítulo IV.-Transferencias correntes: 14.250.000.000.

Capítulo V.-Ingresos patrimoniais: 131.000.000.

Capítulo VII.-Transferencias de capital: 4.068.683.000.

Capítulo VIII.-Variación activos financeiros: 870.000.000.

Capítulo IX.-Variación pasivos financeiros: 1.500.000.000.

-Gastos: 24.856.056.000.

Capítulo I.-Gastos de persoal: 13.704.000.000.

Capítulo II.-Gastos en bens correntes e servicios: 2.702.119.000.

Capítulo III.-Gastos financeiros: 8.000.000.

Capítulo IV.-Transferencias correntes: 659.770.000.

Capítulo VI.-Investimentos reais: 7.580.167.000.

Capítulo IX.-Variación de pasivos financeiros: 202.000.000.

2.2. Normas de execución do orzamento.

Dos gastos de persoal

Artigo 1º

1. As retribucións do persoal activo ó servicio da universidade quedan suxeitas ó que, nesta materia, dispón a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega. Os incrementos retributivos do persoal laboral deberán ser autorizados pola Comunidade Autónoma, segundo a lei orzamentaria.

2. Os custos do persoal laboral eventual contratado para substituí-lo persoal funcionario ou laboral de Administración e servicios serán financiados con

cargo ós créditos dos correspondentes cadros de persoal.

3. Cando se produzan baixas definitivas nas escalas a extinguir dos cadros de persoal de Administración e servicios funcionario ou laboral, procederase ó reaxuste dos cadros de persoal correspondente e, no próximo exercicio, dos créditos a eles asignados. O custo de persoal funcionario de Administración e servicios minórase polo importe das prazas ocupadas por persoal laboral a extinguir e increméntase na mesma contía o cadro de persoal laboral.

4. Poderase xerar crédito no capítulo I para gastos de persoal con motivo da prestación de servicios financiados con prezos. Os gastos deste persoal, incluídas as cotas sociais, non poderán supera-los ingresos.

5. A xerencia poderá emitir cargos internos polos gastos de persoal que puideran ser cofinanciados coas dotacións de partidas orzamentarias vencelladas á investigación.

6. Non se poderán abrir partidas orzamentaria no capítulo primeiro para gastos de persoal vinculado a proxectos ou convenios de investigación.

7. Constitúese un fondo para ampliación e mellora de 105.000.000 pesetas na partida orzamentaria «8125 3000 12200 Ampliación e mellora», dos que 81,25 millóns corresponden a persoal docente e 23,75 millóns a PAS. A dotación deste fondo corresponde o gasto previsto dun trimestre do total da ampliación e mellora que se aprobe durante 1999.

8. Terán a consideración de créditos ampliables os créditos para o pagamento dos gastos de mérito docente, productividade investigadora, trienios e seguridade social.

9. Autorízase a incorporación dos remanentes do capítulo I polo importe das retribucións e demais gastos de persoal con dereito a percepción durante 1998 e que non foran liquidados no exercicio.

10. Autorízase na data de peche do exercicio a efectua-las xeracións e ampliacións de crédito establecidas nos artigos anteriores.

11. Inclúense no capítulo I os créditos destinados ó financiamento dos planos de formación do persoal de Administración e servicios, así como os correspondentes á achega da universidade ó plan de pensións do persoal.

Dos créditos e as súas modificacións

Artigo 2º

1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitativo a nivel de concepto. Sen embargo, os créditos destinados a gastos de persoal terán carácter vinculante a nivel de capítulo, agás o artigo 15 (gratificacións e productividade). Os investimentos reais, activos e pasivos financeiros terán carácter vinculante a nivel de artigo. Os gastos en bens correntes e servicios terán carácter vinculante a nivel de capítulo agás o concepto 212 que non poderá

ser minorado, ben que mediante redistribución de créditos do capítulo II dos centros poderá ser incrementado, logo de comunicación ó Servicio de Contabilidade e Presupostos.

2. Con carácter xeral terán carácter vinculante os créditos con financiamento específico, e, a nivel de subconcepto, as subvencións nominativas.

3. Non se poderán adquirir compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados no estado de gastos e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan esta norma, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

4. Os créditos asignados pola Xunta de Goberno e o Consello Social ás facultades, Escola Politécnica Superior e escolas universitarias terán por finalidade financia-los gastos da docencia, así como tamén aqueles gastos que son necesarios para o funcionamento ordinario do centro.

5. Os créditos distribuídos ós departamentos teñen como primeiro obxectivo atende-los gastos derivados da investigación que se faga neles, e deberán financiar, ademais, outros gastos asociados ó seu funcionamento ordinario.

6. Non se poderá promover contratación de persoal ou nomeamento de bolseiros con cargo ós créditos dos departamentos.

7. As partidas orzamentarias do orzamento para 1999 preséntanse de acordo coas clasificacións económica, funcional e orgánica, sen establecer vinculacións xurídicas dentro da clasificación funcional.

8. Os créditos descentralizados correspondentes a:

Arrendamentos.

Reparación e conservación de maquinaria, instalacións e ferramenta.

Auga.

Enerxía eléctrica.

Combustible de calefacción.

Distribúense segundo os seguintes criterios:

a) Para os contratos de arrendamento e reparación e conservación, o importe consignado inicialmente para 1998 incrementado no 1,8%.

b) Para os correspondentes a auga, enerxía eléctrica e combustible de calefacción, o gasto realizado en 1998 incrementado nun 1,8%. Os créditos serán axustados en función dos novos contratos e das ampliacións dos centros e servicios; estes axustes serán financiados por unha partida de imprevistos.

9. Os responsables de asuntos económicos deberán «formaliza-la retención de crédito» polo importe total dos créditos asignados nos puntos a) e b) do número anterior no prazo de quince días a partir da aprobación do orzamento polo Consello Social. Unha copia da retención será enviada o Servicio de Control Interno.

No presente exercicio os responsables de asuntos económicos deberán, como no exercicio anterior, face-las retencións de crédito e sucesivos axustes dos gastos correspondentes ás nóminas de persoal investigador (investigadores, bolseiros, PAS,...) conforme lle sexa comunicado polo CITT e o Vicerrectorado de Investigación. Desta retención deberán enviar copia ó Servicio de Contabilidade e Presupostos.

10. Os gastos de reparación e mantemento de edificios que sexan inferiores a 200.000 pesetas deberán financiarse con cargo ó crédito descentralizado ós centros para esa finalidade.

11. Autorízase o vicerrector de Asuntos Económicos para executa-los axustes de créditos que procedan como consecuencia das desviacións que se poidan producir entre o orzamento prorrogado e o orzamento que se aproba por esta resolución.

Artigo 3º

1. A Xunta de Centro e o Consello do Departamento teñen a obriga de aproba-la distribución anual dos seus créditos así como a súa execución.

Artigo 4º

1. A modificación dos créditos orzamentarios axustarase ó disposto no artigo 55 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, no artigo 156 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e normas que o desenvolven e ás presentes bases.

2. O Consello Social delega na Xunta de Goberno a aprobación de suplementos de crédito e créditos extraordinarios cando estes correspondan a expedientes con financiamento específico achegado por outros entes públicos ou privados. O rector dará conta ó Consello Social dos expedientes aprobados.

3. O rector poderá autoriza-las transferencias de crédito de gastos correntes a gastos de capital, sempre e cando:

a) O gasto corrente figure orzado no capítulo II.

b) O importe da transferencia non exceda de 5 millóns de pesetas.

4. Poderán xerar crédito nos estados de gastos do orzamento da universidade os ingresos liquidados que superen a previsión de ingresos orzada derivados das seguintes operacións:

a) Prestacións de servicios.

b) Achegas de persoas naturais ou xurídicas para financiar gastos que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade.

5. Corresponde ó rector a aprobación dos expedientes de xeración de crédito.

Artigo 5º

1. O rector poderá determinar, a iniciativa do director do centro de gasto correspondente, a imputación a créditos do exercicio corrente de obrigas xeradas en exercicios anteriores, como consecuencia

de compromisos adquiridos, de conformidade co ordenamento, para os que existise crédito dispoñible no exercicio de procedencia.

2. A facturación por cargos internos, os documentos de gasto pagados con cargo á conta de anticipos a xustificar correspondentes a exercicios anteriores, así como as indemnizacións por razón do servicio pendentes ó peche do exercicio, imputaranse ó exercicio corrente sen o trámite establecido no parágrafo anterior ó non existir obriga con terceiros e estar só pendente de contabilización ou tratarse de gastos de persoal.

Artigo 6º

1. Son remanentes específicos os créditos non obrigados no 31 de decembro correspondentes a infraestructura, proxectos e convenios de investigación, prácticas de campo, dotación artística, fondo de solidariedade e os créditos financiados con achegas específicas.

2. Só poderán ser obxecto de incorporación ó exercicio seguinte os créditos do capítulo IV financiados con recursos propios que respondan a compromisos efectivamente adquiridos. Para esta incorporación deberase xunta-la relación nominal de beneficiarios.

3. A incorporación destes créditos deberá autorizala o rector, que dará conta á Xunta de Goberno e mais ó Consello Social dos expedientes aprobados.

4. O financiamento de créditos no estado de gastos con cargo ó remanente xenérico de tesourería, será aprobado pola Xunta de Goberno.

5. A incorporación de remanentes de crédito correspondentes a departamentos e outras operacións de capital será autorizada polo rector, logo da remisión dos plans de investimento propostos polos órganos dos centros e departamentos.

6. Os remanentes de crédito de proxectos, convenios, cursos, infraestructuras e congresos existentes no 31-12-1999 e que se correspondan con actividades finalizadas con anterioridade ó 31-12-1998 serán anulados.

Da contratación administrativa

Artigo 7º

1. Serán de aplicación para o exercicio 1999 a Lei de contratos das administracións públicas e as disposicións que a desenvolvan, e o Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela aprobado pola Xunta de Goberno e o Consello Social.

2. Constitúese un fondo de dotación artística mediante redistribución dos créditos para obras do orzamento da universidade polo importe do 2% do custo de execución material dos proxectos de obras.

Disposición adicional

Autorízase a xerente da universidade para que dicte as instruccións necesarias para a adaptación e desenvolvemento das normas de execución do orzamento.

Disposición derradeira

As presentes normas entrarán en vigor o día seguinte ó da aprobación definitiva do orzamento polo Consello Social, sen prexuízo de que a súa executividade se entenda a partir do 1 de xaneiro de 1999.