Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, con trámite de urxencia, da obra: urbanización e obras varias da escola de canteiros de Pontevedra (Poio).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra por importe de 199.017.329 pesetas (1.196.118,24 euros).

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C; tódolos subgrupos, categoría e.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do plazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 15 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado