Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 29 de decembro de 1998, o proxecto de modificación puntual do PEPRI no contorno do sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, redactado polos arquitectos Alberte González Rodríguez e outros, solicitado polo Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 12 de xaneiro de 1999.

Vicente Pérez-Carro G.

Secretario en funcións