Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento restrinxido e trámite de urxencia, para a contratación, polo Servicio Galego de Saúde, dunha consultoría e asistencia para o deseño e execución dunha campaña de divulgación sanitaria (S-213/99).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Categoría do servicio e descrición: categoría 74.40.1, nº de Ref. CCP: 87120.

Realización dunha consultoría e asistencia para contratación, polo Servicio Galego de Saúde, do deseño e execución dunha campaña de divulgación sanitaria.

Orzamento total: sesenta millóns de pesetas (60.000.000 de ptas., IVE incluído). 360.607,26 euros.

3. a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación esixida : non se esixe clasificación.

Solvencia económica: acreditarase polos medios establecidos nas alíneas a) e b) do artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios establecidos nas alíneas a) e f) (excepto no relativo a medios de estudio e investigación), do artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Número mínimo e máximo de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas:

Mínimo: 5.

Máximo: 20.

7. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: catro meses, contados desde a formalización do contrato.

9. Forma xurídica que, se é o caso, deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: unión temporal de empresas.

10. a) Xustificación deste procedemento con prazos de urxencia: motivos de interese público.

b) Data límite de recepción das solicitudes de participación: 15 días naturais, contados a partir da data de envío deste anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas.

c) Enderezo ó que deben enviarse:

División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

d) Lingua ou linguas en que deben redactarse: castelán ou galego.

11. Data límite de envío das invitacións para presentar propostas: 7 días naturais, contados desde a data de finalización do prazo de recepción de solicitudes de participación.

12. Garantías esixidas: esixirase garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación a aquelas empresas que sexan seleccionadas para presentar oferta ó presente procedemento.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios, así como datos e formalidades necesarios para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: ver cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a presente contratación.

14. Criterios que se empregarán para a adxudicación do contrato e orde de importancia: ver cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a presente contratación.

15. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 1.

16. Data de envío do anuncio: 21 de abril de 1999.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

18. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos