Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, para a subministración de materiais de osixenoterapia e monitorización. (Expediente 14/1999).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da subministración de materiais de osixenoterapia e monitorización.

Obxecto e orzamento: a subministración de materiais de osixenoterapia e monitorización, por un orzamento máximo de cinco millóns catrocentas setenta e unha mil catrocentas noventa e cinco pesetas (5.471.495 ptas.) (IVE incluído).

Prazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado, a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n, (27004) Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento nove mil catrocentas trinta pesetas (109.430 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995,

do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Valoración técnica e calidade, ata 5 puntos.

-Prezo, ata 4 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 5 de marzo de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo