A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da subministración de material de esterilización.
Obxecto e orzamento: a subministración de material de esterilización, por un orzamento máximo de dous millóns cinco mil trescentas noventa pesetas (2.005.390 ptas.) (IVE incluído).
Prazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado, a partir da data de notificación da adxudicación.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n, (27004) Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.
Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de corenta mil cento oito pesetas (40.108 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Clasificación: non se precisa.
Criterios de adxudicación:
-Valoración técnica e calidade, ata 5 puntos.
-Prezo, ata 4 puntos.
-Prazo de entrega, ata 2 puntos.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
Lugo, 9 de febreiro de 1999.
Fernando Varela Noreña
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Calde de Lugo