Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN de rectificación do 13 de abril de 1999 pola que se modifica o prego de cláusulas administrativas particulares do concurso público para a contratación do servicio de edición de distintas publicacións no ano 1999, anunciado no Diario Oficial de Galicia do 30 de marzo do 1999.

Detectado erro material na transcrición do epígrafe 4.2.A)2. do prego de cláusulas administrativas particulares do concurso público de referencia, anunciado no DOG do 30 marzo de 1999.

1. Modifícase o epígrafe 4.2.A)2. do devandito prego, que queda redactado coma segue:

«2. Documentos que acrediten a personalidade do licitador, mediante a presentación da escritura de constitución e modificación, se é o caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Rexistro Oficial que corresponda e copia da tarxeta do CIF no caso de que o licitador sexa persoa xurídica, ou copia do documento nacional de identidade e da tarxeta do NIF, ou pasaporte cando se trate dun estranxeiro, en caso de que o licitador sexa empresario individual.

Cando se trate de empresarios non españois pertencentes a estados membros da Unión Europea, deberán acredita-la súa inscrición nun rexistro comercial ou profesional cando este requisito sexa esixido pola lexislación do Estado respectivo. Os demais empresarios estranxeiros deberán acredita-la súa capacidade de obrar con certificación emitida pola Embaixada de España no estado correspondente e, se é o caso, deberán presenta-lo informe de reciprocidade esixido polo artigo 23.1º da vixente Lei de contratos das administracións públicas.

As empresas estranxeiras presentarán os seus documentos constituvos traducidos de forma oficial para o galego ou castelán».

2. Ábrese novo prazo de presentación desta de ofertas, que rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte á Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1999.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego

de Promoción Económica