Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/25-2, 5145 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edificio Proel. Avda. Arcadio Pardiñas (Burela).

Situación: Burela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea o C.T. en Avda. Arcadio Pardiñas s/n (edificio Proel) de 145 m a 20 kVA baixo tubo de fibrocemento en conductor D.H.Z.1. C.T. de interior (non prefabricado) de 630 kVA de potencia e relación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2896