Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de impresos contables.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de impresos contables. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 9/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de impresos contables.

b) Lugar de entrega: o lugar sinalado na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Prazo de entrega: o prazo de entrega será de tres días hábiles contados a partir da data de cada pedido que efectúe a Administración.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000) IVE incluído (27.045,54 euros).

5. Garantías.

Provisional: 90.000 ptas. (540,91 euros).

Definitiva: 180.000 ptas. (1.081,82 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario (Habilitación de Pagamentos).

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas (P.C.A.)

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada na cláusula 6 do P.C.A.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do quinto día natural, sempre que non sexa sábado ou día inhábil, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio