Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da redacción do proxecto e execución das obras de reforma e adaptación do campo de fútbol e pistas de atletismo do complexo deportivo das Travesas para un novo campo de herba artificial de fútbol/hockey e unha pista de rodadura para ciclismo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes do Concello de Vigo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: redacción do proxecto e execución das obras de reforma e adaptación do campo de fútbol e pistas de atletismo do complexo deportivo das Travesas para un novo campo de herba artificial de fútbol/hockey e unha pista de rodadura para ciclismo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 66.000.000 de ptas. (396.667,99 euros).

5. Garantías: provisionais: 2% do orzamento base.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría e.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións. Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio. Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde