1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente 25509/250.
2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de renovación de beirarrúas na Vía Norte de Vigo.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: catro meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 12.444.190 ptas. (74.791,09 euros).
5. Garantías: provisionais: 4% do tipo de licitación.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións. Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio. Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 5 de abril de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde