Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999 pola que se anuncia concurso para a redacción dos plans de emerxencia (protección civil) do Concello da Coruña (Ref. As99/14).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As99/14.

2. Obxecto do contrato: redacción dos plans de emerxencia (protección civil) do Concello da Coruña.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalziación do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a redacción dos plans de emerxencia (protección civil) do Concello da Coruña (Ref. As99/14)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de abril de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado