Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999 pola que se anuncia concurso para a concesión do servicio de tenda de venda de obxectos e publicacións do Aquarium Finisterrae (Ref. C99/2).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C99/2.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de tenda de venda de obxectos e publicacións do Aquarium Finisterrae.

Prazo de concesión: tres anos prorrogables ata un máximo de quince.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon anual: proporano os licitadores.

5. Garantía provisional: 25.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta...(nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a concesión do servicio de tenda de venda de obxectos e publicacións do Aquarium Finisterrae (Ref. C99/2)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de abril de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado