Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza do Centro Social de San Diego.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: L99/2.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza. b) Lugar de execución: Centro Social de San Diego. c) Prazo de execución: un ano, prorrogándose tacitamente en sucesivas anualidades por un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.800.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalziación do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a contratación do servicio de limpeza do Centro Social de San Diego».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado