Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Empresas Medioambientales (Aproema).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Empresas Medioambientales (Aproema), que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: asociación ambiental.

Asinan a acta de constitución: Carlos Pérez Mosteiro e outros.

A modificación dos estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 30 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra