Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación do Mar da Confederación Intersindical Galega (CIG-Mar).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación do Mar da Confederación Intersindical Galega (CIG-Mar) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos/as traballadores/as do sector marítimo-pesqueiros, entendido no seu amplo espectro de actividades, como poden se-las de pesca, mariña mercante, actividades de estiba, acuicultura, consignatarias, marisqueo, tráfico interior de portos, e cantas outras existan ou no futuro poidan existir e dependan directamente do mar.

Asinan a acta de constitución do I congreso da Federación do Mar da Confederación Intersindical Galega: José Calvelo Cedeira como secretario, Manuel Carlos Búa Caldas e Baltasar Correa Rodríguez, como presidente e moderador respectivamente.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais