Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de marzo de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea María Elena número 2 (16 Cangas F).

Visto o expediente incoado por José Pena Costa (31.099.346), no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón (Mytilus galloprovincialis) denominado Mª Elena nº 2, outorgado pola orde ministerial do 29-10-1974, situado na cuadrícula nº 16 do polígono F de Cangas, rematando a concesión o 31-5-2004 e do que eran titulares José Pena Costa (31.099.346) e Peregrina Lemat Paz (76.834.147-W).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figura unido o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da her

danza, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Pena Costa (31.099.346).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 25 de marzo de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)