Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 99/148).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sometese a información pública a solicitude da empresa Luso-Hispana de Acuicultura, S.L, con domicilio social no peirao de San Diego, s/n. A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que se vai executar na empresa situada no anterior enderezo.

-Coxeración con dous grupos motoxeradores de gasóleo, cada un con alternador síncrono trifásico, 50 Hz, 380 V e 500 kVA, cos º=1. Centro de transformación de 1.500 kVA en total e relación 20/0,38 kV.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa sita no porto de Meirás concello de Valdoviño (A Coruña).

Orzamento: 65.600.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta

delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 22 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña