Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social 90/1998.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral e seguridade, hixiene e saúde laboral); a súa contía e número cítanse a seguir:

Empresa: Sistema 3 de Mantenimiento, S.L.

NIF: B-27200038.

Nº expediente: 90/1998.

Contía: 500.000.

Contra estas resolucións poderá interpo-lo interesado recurso ordinario, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma terá que aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal conta nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción

pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

Lugo, 10 de marzo de 1999.

P.D. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo