Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística.

* Orzamento de licitación: 19.000.000 de ptas. (dezanove millóns de pesetas), no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

* Prazo de execución: ata o 30 de xuño do 2000.

* Garantía provisional: non é esixible

* Clasificación: non se require.

* Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo, no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas súas delegacións provinciais.

* Prazo de presentación de proposicións: ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

* Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

* Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego

de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

* Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo