Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de marzo de 1999 pola que se fixan os prezos de participación en determinadas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, dispón a obriga da consellería correspondente establece-los prezos, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicalos no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir con este mandado e logo de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos pola participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, que se relacionan no anexo desta orde.

2. Estos prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante:

A. Programa de intercambios bilaterais con CC.AA., dentro da Campaña Verán-99:

-Aloxamento en albergue xuvenil (por quincena):

En actividades de aire libre e turístico-culturais: 26.000 ptas.

En actividades náuticas: 28.000 ptas.

-Aloxamento en campamento xuvenil (por quincena):

En actividades de aire libre e recreativas: 23.000 ptas.

En actividades náuticas: 25.000 ptas.

-Actividades que se van desenvolver en Gran Canaria, Lanzarote e Fuerteventura: 50.000 ptas.

-Actividades que se van desenvolver en Baleares: 30.000 ptas.

-Curso de inglés: 39.000 ptas.

B. Intercambio bilateral con Francia (por quincena): 25.000 ptas.

C. Programa de actividades para xoves de 18 a 26 anos que se van desenvolver en Galicia dentro da Campaña Verán-99:

-Ruta xacobea polo Camiño Francés: 20.000 ptas.

-Ruta marítimo xacobea polo mar de Arousa: 20.000 ptas.

-Singradura polas rías altas: 23.200 ptas.

-Curso de mergullo e motor: 25.500 ptas.

-Curso de iniciación á ecoloxía marítimo-terrestre: 22.000 ptas.

-Curso de teatro: 22.000 ptas.

-Curso de cerámica: 22.000 ptas.

-Curso de vídeo e fotografía: 22.000 ptas.

D. Pograma Descubre Galicia: 13.000 ptas.

E. Programa Coñece España: 22.000 ptas.