Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 25 de marzo de 1999 pola que se establecen as tarifas aplicables á prestación de asistencia sociosanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

A Orde do 7 de maio de 1997, de concertación e acreditación de centros sociosanitarios, establece o réxime de concertos entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e as persoas naturais e xurídicas, públicas ou privadas titulares de centros, servicios e establecementos sanitarios, para a atención sociosanitaria a persoas maiores con enfermidade e dependencia funcional e de relación que estean protexidas pola Seguridade Social.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde (Sergas) establece no seu artigo 4 d) como competencia da Consellería de Sanidade, na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais por Decreto 291/1993, do 11 de decembro, aproba-los módulos económicos e concertados, así como a súa modificación e revisión.

A Orde do 7 de maio de 1997 establece no anexo II a contraprestación económica polos distintos tipos de prestacións, para o ano 1997.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1997 e 1998 e as previsións para 1999, resulta necesaria a adecuación para este exercicio das tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sociosanitaria concertada.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarifas máximas aplicables á asistencia sociosanitaria concertada para 1999 serán as seguintes:

a) Media estadía durante o primeiro mes de internamento:

-Tarifa máxima: 8.619 ptas./día.

-Porcentaxe de aumento: 1,4%.

b) Media estadía durante o segundo e terceiro mes de internamento:

-Tarifa máxima: 7.605 ptas./día.

-Porcentaxe de aumento: 1,4%.

c) Módulo asistencial por estadía en réxime de longa estadía.

-Tarifa máxima: 3.752 ptas./día.

-Porcentaxe de aumento: 1,4%.

d) Módulo residencial por estadía en réxime de longa estadía.

-Tarifa máxima: 3.346 ptas./día.

-Porcentaxe de aumento: 1,4%.

e) Asistencia e réxime de asistencia domiciliaria.

-Tarifa máxima: 4.563 ptas./día.

-Porcentaxe de aumento: 1,4%.

Artigo 2º

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde, que non acaden o importe máximo, revisaranse incrementándose nas porcentaxes establecidas nela, aínda que non poderán superar con esta revisión o importe máximo das tarifas desta orde. A revisión farase con efectos desde a entrada en vigor da presente orde.

Artigo 3º

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais