Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 96/1999, do 8 de abril, polo que se acordan as cesións do uso, a título gratuíto, de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias de Cabana de Bergantiños, Culleredo, Monterroso, A Pontenova, Sober, A Bola e Piñor de Cea.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Os concellos de Cabana de Bergantiños, Culleredo, Monterroso, A Pontenova, Sober, A Bola e Piñor de Cea, solicitaron a cesión do uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais, para destinalos a actividades de interese agrario.

Mediante os decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 302/1997, do 23 de outubro (DOG nº 212, do 3 de novembro), e 233/1998, do 30 de xullo (DOG nº 154, do 11 de agosto), desafectáronse do dominio público, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Cabana de Bergantiños, Culleredo, Monterroso, A Pontenova, Sober, A Bola e Piñor de Cea.

Pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 19 de novembro de 1998 (DOG nº 236, do 4 de decembro), declarouse a alienabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da, no seu día, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de abril de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:

1. A favor do Concello de Cabana de Bergantiños, do dereito de uso dun edificio de planta baixa de

135 m construídos sobre un terreo de forma rectangular, de 11 m de fronte á estrada e 17 m de fondo, segregada dun predio ó que lle chaman Campo da Xabiñana, no lugar de Pedrouzo, parroquia de Cundíns, municipio de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Linda: norte, Pedro Sánchez; sur, herdeiros de Jacoba Fondo; leste, estrada; e oeste, predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, no tomo 860, libro 100, folio 175, predio nº 9.309, inscrición 3ª.

2. A favor do Concello de Culleredo, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e piso, situado no lugar de Tarrío, municipio de Culleredo (A Coruña), cunha superficie total de 296 m, repartidos en 140 m en planta baixa e 156 m en planta alta. O edificio foi construído sobre un terreo que ten unha superficie de 474,39 m. Linda: norte, con predio de Argelia-Matilde Arcas Penas, antes camiño de Tarrío a Culleredo; sur, camiño de Sésamo a Culleredo, hoxe coñecido como estrada á Feira de Peiro; leste, predio que foi de Dolores Saldaña, hoxe Concello de Culleredo; e oeste, horta dos señores de Fort.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, libro 346, folio 116, predio nº 28.866, inscrición 1ª.

3. A favor do Concello de Monterroso, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta, que ocupa 220 m dun soar de 240 m, resultado de 12 m de fronte por 20 de fondo, no lugar de Arcas, municipio de Monterroso (Lugo). Linda: norte, Jesús Bargados; sur, por onde ten a súa fronte, terreo de 12 m de largo destinado a rúa pública; leste e oeste, Antonio Sabariz García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada, no tomo 671, libro 77, folio 29, predio nº 10.926, inscrición 1ª.

4. A favor do Concello da Pontenova, do dereito de uso dun predio no sitio denominado Tafona ou Campo da Feira ou Pumarega, sito na parroquia da Pontenova-Vilaoudriz, termo municipal da Pontenova (Lugo). Ten unha superficie de 240 m, con 12 m de fronte á estrada de Santo Estevo e 20 m de fondo. Sobre este terreo construíuse un edificio que consta de planta baixa e piso, destinado a almacén e oficinas, cunha superficie total construída de aproximadamente 261 m. Linda: norte, Auxiliadora Fernández Villanueva; sur, Manuel Liz Ginzo; leste, estrada da Pontenova a Santo Estevo; e oeste, Auxiliadora Fernández Villanueva.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo, no tomo 329, libro 46, folio 137, predio nº 2.607, inscrición 4ª.

5. A favor do Concello de Sober, do dereito de uso dun edificio que consta de baixo e unha planta, duns 122 m, situado na praza do Concello, nº 2, da vila e concello de Sober (Lugo). Linda: norte, soar propiedade da extinta Cámara Agraria Local

de Sober, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; sur e leste, vía pública; e oeste, propiedade de José Fernández Pérez e Nieves Rivero Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos, no tomo 600, libro 89, folio 161, predio nº 7.952, inscrición 2ª.

6. A favor do Concello de Sober, do dereito de uso dun soar de 283 m, na praza do Concello de Sober (Lugo), que ten edificado na súa parte norte un alpendre duns 42 m destinado a laboratorio veterinario. Linda: norte, José Luis Corral Rivas; sur, edificio propiedade da extinta Cámara Agraria Local de Sober, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; leste, vía pública; e oeste, propiedade de José Fernández Pérez e Nieves Romero Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 600, libro 89, folio 162, predio nº 7.953, inscrición 2ª.

7. A favor do Concello da Bola, do dereito de uso dun edificio de planta baixa dedicado a almacén e oficinas no lugar de Seixomil, termo municipal da Bola (Ourense), que ocupa unha superficie de 128 m, asentado sobre un soar de 315 m. Linda: norte, José Manso Saburido, José Rivera Bao e outros, hoxe Isaac Andrés; sur, estrada de Allariz a Celanova; leste, herdeiros de José Fernández, hoxe Isaac Andrés; e oeste, Milagros Bernárdez, hoxe pista particular.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Celanova, no libro 84, folio 34, predio nº 9.740, inscrición 3ª.

8. A favor do Concello de Piñor de Cea, do dereito de uso dun edificio de planta baixa no lugar denominado Cruceiro, termo municipal de Piñor de Cea (Ourense), que ocupa unha superficie de 200 m, dedicado a almacén e oficinas. Linda: norte, Campo da Feira; sur, Eligia Mangana Pardo; leste e oeste, Anuncia Mangana.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño, no tomo 434, libro 36, folio 129, predio nº 4.287, inscrición 3ª.

Artigo 2º

As cesións de uso relacionadas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servicios de interese xeral agrario.

b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a sinatura da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.

c) Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outor

gamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, se se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen calquera das outras cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

d) Serán por conta do cesionario:

-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.

-As cotas dos tributos que poidan grava-lo inmoble.

e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as expensas investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsadas pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.

f) O cesionario subscribirá unha póliza todo risco, de perdas ou danos materiais, polo importe do valor do inmoble segundo o reflectido no Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma. E outra póliza de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros por un importe mínimo de vintecinco millóns de pesetas. A Comunidade Autónoma de Galicia será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, destas pólizas de aseguramento, que se manterán durante todo o período de cesión, prazo inicial e, se é o caso, prórrogas.

Artigo 3º

As devanditas cesións de uso formalizaranse mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario; serán por conta deste os custos de formalización.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente decreto.

Santiago de Compostela, oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda