Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: R.B.T. en Gralleira e Lamallada (Foz).
Situación: Foz.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea de Gralleira de 1.730 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. subterránea de Lamallada de 90 m de lonxitude a 380/220 V baixo tubo en conductor R.V. R.B.T. aérea de Lamallada de 2.270 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 18 de febreiro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo