Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución e unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:
V-1407; XG-083, entre Chantada e Taboada dos Freires,
V-2834; XG-310, entre Taboada dos Freires e o km 4.500 do camiño veciñal de Antas de Ulla á Ponte da Mercé,
da titularidade de Luis Díaz Almuíña.
Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Edf. Adtvos. -C/ Ronda da Muralla, 70), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes