Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución e unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

V-1195; XG-072, Ferrol-Filgueiras, con anexos,

V-2281; XG-208, Ferrol-Faeira, con anexos,

da titularidade da empresa Autocares Capela, S.L.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes