Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.549

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a José Luis Rodríguez Rodríguez (praza 27/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 2 de abril de 1998 (BOE do 29) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a favor de José Luis Rodríguez Rodríguez, con documento nacional de identidade número 34.258.244 e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Rodríguez Rodríguez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de marzo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo