Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 24 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto modificado do proxecto de urbanización do sector 1 de Porto Avieira-Gándara (Oroso), coa modificación relativa ó prazo de execución.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

O que se fai público, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e no artigo 141.4º do Decreto 2159/78, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren desco

ñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 29 de marzo de 1999.

Eugenio Neira García

Alcalde-presidente