Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 456/1998.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 456/98.

Acta nº: 322/98.

Titular: Alemana de Muebles de Cocina Xenín, S.A.

NIF/DNI: A-15119811.

Enderezo: estrada de Catabois, s/n, Ferrol (A Coruña).

Materia: T.

Data resolución: 18-1-1999.

Sanción: 501.000 ptas.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

P. S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña