Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios de consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en diversos certames da C.A. de Galicia (Expomar (Burela, do 20 ó 23 de maio de 1999); Salimat (Silleda, do 26 ó 30 de maio de 1999) e Sapromar (Vigo, do 21 ó 24 de setembro de 1999).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de execución: diversos recintos feirais.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata as corenta e oito (48) horas seguintes á finalización do último certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.) (54.091,09 euros).

5. Garantías.

Provisional: 180.000 ptas. (1.081,82 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; Telef. 981 54 63 04; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás nove trinta horas (9.30 h) do día no que se cumpran catro (4) días hábiles contados desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1999.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados