Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.479

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/049 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado por R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocais secretarios por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/049 convocado por Resolución con data do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 25 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencias da Comput. e intelixencia artificial.

Praza nº: 98/049.

Comisión titular:

Presidente: Blanco Ferro, Antonio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Barreiro García, Álvaro, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Blat Gimeno, José Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Baleares.

Climent Coloma, Joan Josep, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Cano Ocaña, José Enrique, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidente: Freire Nistal, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Pérez Otero, Ramón, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Verdegay Galdeano, José Luis, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Sigüenza Pizarro, Juan Alberto, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Montes Gracía, César, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.