Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 16 de abril de 1999 Páx. 4.475

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de marzo de 1999, dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar de administración da Xunta de Galicia (grupo D), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (DOG do 20 de xaneiro de 1998), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 64, do 6 de abril de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 3.818, onde di: «Resolución do 26 de marzo de 1999», debe dicir: «Resolución do 25 de marzo de 1999».

Na mesma páxina, onde di: «oposicións», debe dicir: «oposición».