Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NNSS de Arteixo, consistente no cambio de aliñación da zona da Avenida de Caión, promovido por Santiago Ferro García e outro, e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 08/1998.PMP).

Arteixo, 6 de abril de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde