Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 15 de abril de 1999 Páx. 4.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1999 pola que se convoca concurso público para a contratación do arrendamento de servicios para a prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola Escola Galega de Administración Pública.

1. Obxecto.

Contratación dun arrendamento de servicios para a prestación de tarefas e actividades de apoio e auxilio á docencia nos cursos, xornadas, seminarios e demais actividades organizadas pola Egap.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

3. Orzamento de licitación.

O prezo do contrato estará determinado pola suma das prestacións recibidas polo arrendador en función dos prezos/hora máximos seguintes:

Nivel 1: 2.700 ptas.

Nivel 2: 2.250 ptas.

Nivel 3: 1.825 ptas.

Nivel 4: 1.525 ptas.

Nivel 5: 1.360 ptas.

4. Prazo de execución.

1 ano.

5. Obtención da documentación.

O prego de cláusulas administrativas poderá consultarse no Servicio Económico-Administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no

polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4 de Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

6. Fianza provisional.

Non se esixe.

7. Presentación de proposicións.

A documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares presentaranse en sobre pechado e lacrado no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4 de Santiago de Compostela, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de admisión rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que recaia nun día non hábil, o prazo rematará no seguinte día hábil.

8. Apertura das proposicións.

En acto público que terá lugar na sala de xuntas da Escola Galega de Administración Pública, ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública