Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.312

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 7 de abril de 1999 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, dos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Corcubión número un e cinco máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 29 de marzo de 1999. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Excmo. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela, s/n. A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial no uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE 28/6/1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no punto undécimo da orde ministerial do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno da data: 26-3-1999.

Provincia da Coruña

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Corcubión número un, Juan Francisco Riobó Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Noia número dous, Ana Isabel Villar Fernández.

Provincia de Pontevedra

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados número dous, Alberto Ballón Lage.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cangas número un, Benita María Gándara Valije.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilagarcía de Arousa número un, María Dolores Blanco Pereira.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilagarcía de Arousa número dous, María del Carmen Santos Caballero.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno de data 26-3-1999, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia; remítolle a vostede o acordo e rógolle que lle envíe a esta presidencia un exemplar na que se realice aquela para a debida constancia no expediente.

A Coruña, 7 de abril de 1999.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia