1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.
a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.
b) Prazo de execución: un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa.
4. Orzamento da licitación: 5.913.280 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.
5. Garantías:
a) Provisional: 118.266 pesetas.
b) Definitiva: 236.531 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.
b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.
c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.
d) Prazo durante o cal el licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.
8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.
9. Anuncio extenso: no BOP.
Pontevedra, 29 de marzo de 1999.
Juan Luís Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral