Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de marzo de 1999, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador 17/99-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (BOE do 27), notifícaselle-lo prego de cargos en expedientes sancionadores ás persoas que a continuación se relacionan, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27, e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 17/99-LU.

Denunciado: Anxo Pérez Coto.

Enderezo: praza de España, nº 21. Ribadeo (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 16 de marzo de 1999.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo