Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/205-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.

Enderezo social: r/ Galera, 1, 15003 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. de 250 kVA e R.B.T.S. no predio Conde de Oleiros.

Situación: Castro Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 200 metros de lonxitude en conductor R.H.V./D.H.V. 12/20 kV, con orixe na estación transformadora que subministra enerxía eléctrica á vila de Castro Caldelas e remate no C.T. proxectado en caseta, con 250 kVA, R/T 20 kV/380-220 V no predio do Conde de Oleiros en Castro Caldelas. Saídas en baixa tensión con rede subterránea.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense