Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Louzáns-Lamas.
Situación: A Estrada.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV de 174 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 65 da L.M.T.
ó C.T. Pardemarín, ata o C.T. que se proxecta en San Louzáns, concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 540 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
Pontevedra, 23 de febreiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 99/84. Provincia: Pontevedra.
L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Louzáns-Lamas.Termo municipal: A Estrada.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
36680 A Estrada
3 Agras Prado José Mato Loureiro San Louzáns-Lamas, s/n
3 1 130 1.300