Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.246

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (214/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 214/1998, que se seguen por estafa, cítase a Manuel Ángel Bendaña Crussat para que o vindeiro día dezaseis de abril ás 12.15 horas compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, como denunciado, baixo apercibimento de que de o non verficar nin alegar xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado consonte a lei e poderán recaer sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito; poderá, se é parte, ser asistido por avogado, e deberá acudir ó xuízo coas probas de que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Manuel Ángel Bendaña Crussat, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta de marzo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado

2544